Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (164/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 164/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel García Dios contra a empresa Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., Jesús Ángel Alonso Álvarez, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

«Sentenza 492/2017

En Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 164/2015, seguidos a instancia de Daniel García Dios, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, contra as entidades Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., que non comparecen malia estar debidamente citados, Jesús Ángel Alonso Álvarez (na súa condición de administrador concursal da entidade Diconsa Deseño y Construcción, S.A.), que comparece persoalmente e contra el Fogasa, representado e asistido pola letrada Sra. Díez del Corral.

Resolvo:

Que debo estimar substancialmente a demanda presentada por instancia de Daniel García Dios, contra as entidades Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., Jesús Ángel Alonso Álvarez (na súa condición de administrador concursal da entidade Diconsa Diseño y Construcción, S.A.), e contra Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar o organismo demandado a aboar ao demandante o importe de 5.756,59 euros, máis os xuros do artigo 576 da LAC que se percibirán a partir dos tres meses seguintes ao día de notificación da presente resolución, e condenar o resto das demandadas a aterse a esta declaración e a Jesús Ángel Alonso Álvarez, na súa única condición de administrador concursal da entidade Diconsa Diseño y Construcción, S.A.

E para que sirva de notificación en legal forma a Diconsa Diseño y Construcción, S.A., Retaibo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza