Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51848

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (243/2015).

PO procedimiento ordinario 243/2015

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Fondo de Garantía Salarial e Lisardo Inversiones, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa.

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 243/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Lisardo Inversiones, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido.

Que estimando integramente a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción, contra a entidade Lisardo Inversiones, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 541,39 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lisardo Inversiones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza