ETX execución de títulos xudiciales 105/2017
Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 813/2016
Demandante: Irate García Tomé
Avogada: María Milagros Verde Crespo
Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Rede galega de empresas e Iza Comercial, S.L.
Avogado: letrado de Fogasa
Declaración de insolvencia.
Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 105/2017, por instancia de Irati García Tomé, contra a executada Rede galega de empresas e Iza Comercial, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 19 de outubro de 2017, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia parcial, por importe de 9.699,03 euros de principal, máis 977,42 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017
A letrada da Administración de xustiza