Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2017 Páx. 51851

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (491/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 491/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Naveiro Bueno contra Otero Vázquez Arquitectos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017.

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte a decreto, declaro firme este, e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar para os efectos previstos no artigo 239 da LXS, que o decreto, foi notificado a José Manuel Naveiro Bueno no 17.8.2017, a Otero Vázquez Arquitectos, S.L., no 17.8.2017 e ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) no 9.8.2017.

E para que sirva de notificación en legal forma a Néstor Ricardo Otero Rando-Otero Vázquez Arquitectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza