Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 223/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 223/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ignacio Lamela Lago, Manuel Felipe Caamaño Rama e Roberto López Fernández contra Lamela Pérez, S.L., Manuel Lamela Pérez e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decreto.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Lamela Pérez, S.L. e Manuel Lamela Pérez en situación de insolvencia parcial por importe de 88.942,07 euros en concepto de principal (José Ignacio Lamela Lago: 36.502,58 euros (32.337,54 euros en concepto de indemnización, 3.415,50 euros en concepto de salarios e 794,54 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET); Manuel Felipe Caamaño Rama: 50.172,17 euros (39.172,17 euros en concepto de indemnización e 10.329,12 euros en concepto de salarios); Roberto López Fernández: 2.267,32 euros en concepto de salarios, máis outros 8.894,20 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que se poidan derivar da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional).

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para os efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Manuel Lamela Pérez, insírase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza