Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1036/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1036/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio González España contra Pinturas Cambre, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, mutua colaboradora coa Seguridade Social número 201, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 29 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de seguridade social con número 1036/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Antonio González España, asistido da letrada Clara Martínez de la Riva Barca, contra INSS e TXSS, representados pola letrada Fuencisla Suárez Berea, Mutua Gallega, representada pola letrada Eva Monteoliva Díaz e contra Pinturas Cambre, S.L. que non comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Antonio González España, e absolvo o INSS e TXSS, Mutua Gallega e Pinturas Cambre, S.L. de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pinturas Cambre, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza