Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (391/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 391/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Vázquez Villar contra Covelo Crendes, S.L., Covelo Crendes, S.L. (A Boa Estrela), Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 391/2015

Demandante: María José Vázquez Villar

Letrado: Sr. López Mosteiro

Demandado: Covelo Crendes, S.L. (A Boa Estrela)

Letrado: Fogasa

Sentenza 484/2017.

A Coruña, 21 de setembro de 2017.

Decisión:

1. Estimo a demanda formulada por María José Vázquez Villar fronte á empresa Covelo Crendes, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle a suma de 866,67 euros polos conceptos expostos na declaración de feitos probados e o xuro do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto no presente procedemento.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Covelo Crendes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza