Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49896

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (445/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 445/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria María Núñez Pérez contra Gescom Energía, S.L., Gescom Marketing, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 483/2017.

Demandante: Iria María Núñez Pérez

Avogada: Clara López Arias

Demandados: Gescom Energía, S.L., Gescom Marketing, S.L., Fogasa

Avogados: (…), (…), letrado de Fogasa

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 445/2015

Demandante: Iria María Núñez Pérez

Letrada: Sra. López Arias

Demandadas:

– Gescom Energía, S.L.

– Gescom Marketing, S.L.

Letrado:

Fogasa

A Coruña, 21 de setembro de 2017.

Decisión.

1. Estimo a demanda formulada por Iria María Núñez Pérez fronte á empresa Gescom Marketing, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle a suma de 2.493,37 euros polos conceptos expostos na declaración de feitos probados e o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. Desestimo a demanda formulada por Iria María Núñez Pérez fronte á empresa Gescom Energía, S.L. e, en consecuencia, absólvoa dos pedimentos dirixidos fronte a ela.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gescom Energía, S.L. e Gescom Marketing, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza