Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (427/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 427/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Manuel Acon da Silva contra Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor) e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza: 492/2017

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 427/2015.

Demandante: Antonio Manuel Acon da Silva

Letrado: Sr. Pérez López

Demandados: Proyectos Constructivos del Norte, S.L.

Letrado: Fogasa

A Coruña, 20 de setembro de 2017

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Antonio Manuel Acon da Silva fronte a Proyectos Constructivos del Norte, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de:

– 3.628,41 euros brutos en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos e horas extras realizadas.

– 627,35 euros líquidos en concepto de diferenzas salariais producidas entre abril e agosto de 2014.

– Así como o aboamento do xuro do artigo 29.3 do ET en relación con cada unha de tales cantidades.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela cabe recurso de suplicación, que deberá ser interposto no prazo de 5 días contados desde o seguinte á notificación desta resolución.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza