Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49904

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (216/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 216/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Plata Pais contra José Manuel Muíño Sánchez e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando a demanda formulada por Dolores Platas Pais contra José Manuel Muíño Sánchez, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 2.450,53 euros en concepto de indemnización calculada a razón de 44,56 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 10 de marzo de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 9.090,24 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSJG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Manuel Muíño Sánchez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza