Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49156

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2550/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2550/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 1010/2014 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: letrado do Fogasa

Recorridos: Limpiezas Secope, S.A., Miguel Ángel Bustelo Fraga

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2550/2015 desta sala, seguido por instancia do Fogasa contra Limpiezas Secope, S.A., Miguel Ángel Bustelo Fraga, sobre despedimento disciplinario, a Sala IV do Tribunal Supremo ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decisión: polo exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fogasa, representado e asistido polo avogado do Estado.

2. Confirmar a sentenza ditada o 9 de setembro de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación número 2550/2015, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, de data 8 de abril de 2015, ditada en autos número 1010/2014, seguidos por instancia de Miguel Ángel Bustelo Fraga contra Limpiezas Secope, S.A. e Fogasa, sobre despedimento.

3. Impor as custas á parte recorrente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza