Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49158

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (331/2015).

Eu, Manuel Rubido de la Torre, letrado da Administración de xustiza, polo presente fago constar que nesta sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación (LACN) 313/2016 (dimanante do xuízo verbal número 331/2015 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada), sendo apelante Jesús Brea Regengo e parte apelada Jesús Alberto Pombo Martínez, en que con data 26 de maio de 2017 se ditou sentenza, cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta Sección Terceira sita en Pontevedra, rúa Rosalía de Castro, número 5-2, á disposición das partes.

Para que conste e lle sirva de notificación a Jesús Alberto Pombo Martínez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Pontevedra, 1 de xuño de 2017

O letrado da Administración de xustiza