Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49159

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (230/2017).

Eu, José Miguel Regueiro Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, por medio do presente anuncio que neste procedemento de garda, custodia e alimentos número 230/2017, seguido por instancia de Pablo César Montoya Toapanta fronte a Lizeth del Cisne Villavicencio Luna, se ditou en data 14 de xuño de 2017 Sentenza número 174/2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos os autos de garda e custodia número 230/2017 por Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, seguidos ante este por instancia de Pablo César Montoya Toapanta, que actúa representado polo procurador Sr. Manivesa Pantín e asistido pola letrada Sra. Álvarez Villaverde, contra Lizeth del Cisne Villavicencio Luna, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal».

«Que estimando a demanda de medidas definitivas de garda e custodia formulada por Pablo César Montoya Toapanta, que actúa representado polo procurador Sr. Manivesa Pantín e asistido pola letrada Sra. Álvarez Villaverde, contra Lizeth del Cisne Villavicencio Luna, con intervención do Ministerio Fiscal, debo acordar e acordo:

• Atribución da garda e custodia das menores Kelly Nicole Montoya Villavicencio e Ángela Lizbeth Montoya Villavicencio ao seu pai e patria potestade conxunta por ambos os dous proxenitores, establecendo un réxime de visitas/comunicación consistente en favorecer o contacto telefónico entre as menores e a súa nai, ao residir esta en Ecuador e sempre que fose localizada, a permanecer as menores no domicilio da nai se viaxasen a Ecuador, e facilitar o contacto se fose a nai a que viaxase a España.

• En concepto de pensión alimenticia a favor das menores, a nai deberá aboar a suma de 100 euros mensuais para cada unha delas (200 euros mensuais en total), que se actualizará anualmente de acordo co IPC e será ingresada na conta bancaria da entidade que designe o demandante, dentro dos cinco primeiros días de cada mes. Deberá contribuír, así mesmo, o proxenitor non custodio co 50 % dos gastos extraordinarios, debidamente acreditados e xustificados, derivados da educación, desenvolvemento e formación integral das menores.

• Non se efectúa especial pronunciamento sobre custas procesuais, vista a natureza do proceso.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, coa mención expresa de que contra ela cabe recurso de apelación ante a Provincial, que deberá interporse no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol e o seu partido».

E encontrándose a dita demandada, Lizeth del Cisne Villavicencio Luna, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 13 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza