Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49161

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (308/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 308/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Paz González contra a empresa Méndez Pérez Hermanos, S.L., Sanmar Niños, S.L., e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de xullo de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 308/2017, sendo parte nel, dun lado como demandante, María Pilar Paz González, asistida pola letrada Iria María Ferro Sánchez, e como demandadas Sanmar Niños, S.L., representada por Oliver Méndez Pérez, e Méndez Pérez Hermanos, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta por María Pilar Paz González contra a empresa Sanmar Niños, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante, e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación desta sentenza, opte entre a readmisión, nas mesmas condicións existentes con anterioridade, ou o aboamento de 29.256,24 euros en concepto de indemnización. No caso de que opte pola readmisión, a traballadora terá dereito, se é o caso, aos salarios de tramitación, que ascenden 37,75 euros/día.

Absólvese o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria en caso de insolvencia empresarial.

Apróbase a desistencia respecto da entidade Méndez Pérez Hermanos, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Méndez Pérez Hermanos, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza