Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 114/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 114/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Rocío Gómez Rodríguez contra a empresa García Gerpe, S.L., sobre despedimento, ditáronse dilixencia de ordenación, auto en que se despachaba execución e Decreto do 26 de setembro de 2017, impugnable en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a García Gerpe, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza