Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49164

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 116/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 116/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Manuel Padín Osorio contra a empresa Trami Trucks World, S.L., sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto despachando execución e Decreto de data 27 de setembro de 2017, impugnable en reposición, oposición á execución no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Trami Trucks World, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza