Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49154

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1693/2017 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1693/2017 MCR

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 758/2015 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Constantino López Arias

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Prefabricados Castelo, S.A.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1693/2017 MCR desta sección, seguido por instancia de Constantino López Arias contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, Prefabricados Castelo, S.A., sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Constantino López Arias fronte á Sentenza do 3 de febreiro de 2017 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, ditada en autos número 758/2015, seguidos fronte a Prefabricados Castelo, S.A., o INSS, a TXSS e a mutua Fremap. Todo iso confirmando a resolución contra a cal se recorre e sen condena en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Prefabricados Castelo, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza