Para os efectos previstos nos artigos 73 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos artigos 78 e 96 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu regulamento, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra), que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A. e que está declarada de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.
Peticionario:
A sociedade Gas Galicia SDG, S.A., con CIF número A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Antecedentes:
Mediante a Orde do 14 de outubro de 1993 a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servizo público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Vigo, Mos e O Porriño.
O desenvolvemento da rede de distribución de gas natural no Porriño iniciouse tras a aprobación, mediante a Resolución do 16 de febreiro de 1998 desta dirección xeral, do proxecto de autorización administrativa da rede de distribución de gas na localidade do Porriño (1ª fase). Posteriormente, a extensión desta infraestrutura, de ser o caso, foise de-senvolvendo tras a aprobación de diferentes proxectos de execución por parte da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A correspondente concesión administrativa transformouse en autorización administrativa á entrada en vigor da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, porque segundo o establecido na súa disposición adicional sexta todas as concesións para actividades incluídas no servizo público de subministración de gases combustibles por canalización quedan extinguidas e substituídas de pleno dereito por autorizacións administrativas.
A execución do gasoduto de distribución O Porriño-Ponteareas iniciouse tras a Resolución do 17 de xaneiro de 2012 desta dirección xeral, pola que se outorgou á empresa Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa, se aprobou o proxecto de execución e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública do proxecto do gasoduto de distribución de gas natural denominado Ramal MOP = 16 bar O Porriño-Ponteareas e da súa addenda.
Obxecto da petición:
O 3 de maio de 2017 a sociedade Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra).
A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados, necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.
Descrición das instalacións:
O proxecto titulado Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra) recolle o reforzamento da rede existente en MOP 4 bar do Porriño, mediante a instalación dunha ERM MOP 16/4 bar Q1000-D, que se conectará co gasoduto O Porriño-Ponteareas.
As instalacións de gas obxecto deste proxecto resúmense nas seguintes:
– Conexión co gasoduto O Porriño-Ponteareas MOP 16 en diámetro 2”, con válvula de corte 2” PN 16, situada en Atios, X=534187, Y=4665838 (UTM, fuso 29, ETRS89).
– Instalación dunha ERM MOP 16/4 bar Q 1000-D, en Atios, na parcela 13 do polígono 31, X=531180, Y=4665838 (UTM, fuso 29, ETRS89).
– Conexión coa saída regulada MOP 4 bar da ERM, en tubaxe de polietileno DN-90 SDR-17,6/SDR-17 ata a válvula PE-90 PN 4 do punto de entrega, situada en Atios, X=531190, Y=4665836 (UTM, fuso 29, ETRS89).
Termo municipal afectado:
A solicitude afecta o termo municipal do Porriño, na provincia de Pontevedra.
Orzamento:
O orzamento das instalacións ascende á cantidade de trinta e oito mil cincocentos corenta e tres euros con trinta e catro céntimos (38.543,34 €).
Afección a predios particulares:
A afección a predios particulares derivada da execución do proxecto titulado Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra), concrétase na seguinte forma:
1. Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os cales se construirán as instalacións fixas en superficie.
2. Para as canalizacións:
a) Imposición de servidume permanente de paso de gas ao longo do trazado da condución, cunha largura de tres (3) metros, un e medio (1,5) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe e cable de comunicación e telemando que se requiran para a condución do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:
– Prohibición de efectuar traballos de labrado, sacha ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos de talo alto.
– Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construción, edificación, movemento de terras ou efectuar algún acto que rebaixe a cota do terreo ou poida danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións.
– Libre acceso do persoal e equipos necesarios para a vixilancia e para manter, reparar ou renovar as instalacións, co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.
– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para isto.
b) Contigua á zona de servidume permanente antes detallada existe unha zona de seguridade, definida na norma UNE 60.305:2015, que se estende ata cinco (5) metros a cada lado do eixe da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas condicións de seguridade da canalización e na cal non se dan as limitacións anteriores nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que sexa informado previamente o titular da instalación para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización.
c) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada parcela nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse os traballos ou operacións necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos.
O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo proxecto titulado Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra), na relación que se insire como anexo a esta resolución, para que poidan examinalo na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou na Xefatura Territorial de Pontevedra da mesma consellería, rúa Fernández Ladreda, 43-5º, 36071 Pontevedra, e presentar nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte á publicación deste anuncio. Os planos parcelarios poderán ser igualmente consultados no Concello do Porriño.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas
ANEXO
Relación de predios afectados polo proxecto Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra)
Abreviaturas utilizadas: PD - superficie afectada en pleno dominio; SP - servidume permanente de paso; OT - superficie afectada por ocupación temporal; Pol. - polígono; Par. - parcela; PO - O Porriño; P - Pontevedra.
Termo municipal: O Porriño.
Nº de predio |
Titular |
Afección |
Catastro |
Lugar |
Natureza |
||||
PD |
SP |
OT |
Pol. |
Par. |
|||||
m2 |
m |
m2 |
m2 |
||||||
P-PO-1 |
Laura Josefa Novas Lago |
4,00 |
5,00 |
16,03 |
32,66 |
31 |
13 |
Campo de Atios |
Agrario |