De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de outubro de 2017 relativo ao proxecto integrador da nova estación intermodal de Ourense: estación de ferrocarril e conexións de permeabilidade, estación de autobuses e aparcadoiro para turismos, no concello de Ourense (Ourense), promovido pola Dirección Xeral de Mobilidade.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático