Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47865

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (241/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 241/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Landro Albañilería, S.L., con citación do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza co número 398/2017, con data do 18 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 241/2015, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, representada e asistida pola letrada Sra. Marón Fernández, contra Landro Albañilería, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral, despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza con base no seguinte:

Que, considerando parcialmente a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Landro Albañilería, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 180,64 euros, en concepto de achegas correspondentes ao exercicio 2012, incluída xa a recarga do 20 % de demora sobre o principal debido.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (art. 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza