Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 40/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 40/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Eduardo Pérez Timiraos contra In Side Logistics, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 40/2017

Demandante: José Eduardo Pérez Timiraos. Letrado: Sr. Gende Periscal

Demandados: In Side Logistics, S.L. e Fogasa

Sentenza número 460/2017.

A Coruña, 14 de setembro de 2017

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Eduardo Pérez Timiraos fronte a In Side Logistics, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 7.792,95 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 51,52 euros/día.

O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución sen prexuízo dos límites legais correspondentes.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.».

E para que sirva de notificación en legal forma a In Side Logistics, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza