Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47861

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (27/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4, de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 27/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eliseo Brandon García contra Socoga y Esperante, S.L. sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade nº 27/2015.

Demandante: Eliseo Brandon García.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandado: Socoga y Esperante, S.L.

Sentenza 331/2017.

A Coruña, 12 de xuño de 2017.

Resolución.

1. Estimo a demanda formulada por Eliseo Brandon García fronte á empresa Socoga y Esperante, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle a suma de 1.354,50 euros brutos polos conceptos expostos no feito segundo da demanda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Socoga y Esperante, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza