Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (47/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 47/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vidal Formoso contra o Fondo de Garantía Salarial, Sequor Seguridad, S.A.; Proseman, S.L. e Nordés Vigilancia, S.A., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Rectifico a sentenza ditada nos presentes autos de procedemento ordinario nº 47/2015, con data do 27 de xuño de 2017, nos seguintes termos:

1. No feito probado quinto, que quedará redactado do xeito que segue:

“Quinto. A administración concursal de Sequor Seguridad, S.A. abooulle ao demandante tanto os salarios de marzo de 2013 coma a liquidación de abril de 2013 e os pagamentos parciais da indemnización nas contías que constan para cada un dos devanditos pagamentos parciais nas remesas achegadas ao documento 3 do ramo de proba da administración concursal de Sequor Seguridad, S.A., e restan por aboarlle ao traballador os salarios dos meses de novembro e decembro de 2012 (vid. docs. 2 e 3 da administración concursal de Sequor Seguridad, S.A.)”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a presente rectificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Proseman, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza