Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 202/2017).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 202/2017

Sobre: despedimento

Demandante: José Antonio Rodríguez Rodríguez

Graduada social: María Begoña García Suárez

Demandados: Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogados: (…), letrado de Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 202/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rodríguez Rodríguez contra a empresa Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estimo a demanda interposta por José Antonio Rodríguez Rodríguez fronte á empresa Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., declaro improcedente o despedimento do traballador demandante e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que o readmita nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa elección, a que lle aboen unha indemnización de 3.122,32 euros (salvo erro aritmético), sendo o salario regulador diario de 43,67 euros.

Con intervención do Fogasa.

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Horpcasa de Hormigones e Áridos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 11 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza