Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (630/2016).

Procedimiento ordinario (PO) 630/2016

Sobre: ordinario

Demandante: María Belén del Oro Cores

Graduado social: Juan Alberto Campos Couso

Demandados: Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, Fogasa

Avogados: (…), (…), (…), letrado de Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 630/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén del Oro Cores contra a empresa Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estimando a demanda interposta por María Belén del Oro Cores fronte á empresa Hermanos Miguélez, C.B., Luis Miguélez Vázquez e Mª del Rocío Mollinedo Casas, e condeno os demandados a que lle aboen solidariamente á demandante a cantidade de 11.300 euros, máis o 10 % en concepto de xuros por demora.

Iso coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, e deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza. Deberá consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza