Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (979/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 979/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juana Vilma Chumpitaz Hernández contra a empresa Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Juana Vilma Chumpitaz Hernández contra Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., debo condenar e condeno a empresa Gerisantiago Sociosanitaria, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 37.030,94 euros polos conceptos indicados no feito probado noveno desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade, devindicados desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atangue á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza