Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (175/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 175/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Prieto Nieves contra Construcciones Metálicas Carreira, S.L., SPEE, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Estimo o recurso de reposición interposto polo Servizo Público de Emprego Estatal contra o auto de despacho de execución ditado por este xulgado nos presentes autos de execución de títulos xudiciais número 175/2017 o 6 de xullo de 2017, e, en consecuencia, estimo a oposición á execución interposta polo Servizo Público de Emprego Estatal e revogo o auto impugnado, e declaro que non procede despachar a execución instada por José Antonio Prieto Nieves contra Construcciones Metálicas Carreira, S.L. e Servizo Público de Emprego Estatal, por cumprimento da sentenza que constitúe o título executivo, e debo ordenar e ordeno o arquivo do procedemento.

A presente resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación no libro de resolucións definitivas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.4.d) LRXS)».

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Metálicas Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza