Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (956/2016).

PO. Procedemento ordinario 956/2016

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: María José Bernárdez Martínez

Avogado: Luis Yebra-Pimentel Vilar

Demandados: Constante Coton Méndez, Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 956/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Bernárdez Martínez contra Constante Coton Méndez e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María José Bernárdez Martínez contra o empresario individual Constante Coton Méndez e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual, Constante Coton Méndez, a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.442,89 euros brutos por salarios, horas extras e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas devindicadas durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas deste procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma ao empresario Constante Coton Méndez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza