Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1196/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1196/2014 por instancia de Xabier Sáenz García contra Albealia Restauración Coruña 1, S.L., Abelaria Restauración Coruña 2, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza con data do 7 de xullo de 2017, que copiada nos particulares necesarios di así:

Parte dispositiva.

A súa señoría acorda: procede a aclaración da decisión da sentenza e, en consecuencia, quedará do teor literal seguinte:

Decisión.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Xabier Sáenz García fronte ás empresas Albealia Restauración Coruña 1, S.L., Albealia Restauración Coruña 2, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Albealia Restauración A Coruña 2, S.L. a aboarlle a Xabier Sáenz García a cantidade de catro mil noventa e catro euros con setenta e dous céntimos de euro (4.094,72 euros), e devindican os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Absólvese a empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e farase constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e Albealia Restauración Coruña 2, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de setembro de 2017

O secretario xudicial