Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43449

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa, grupo I desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 19 de maio de 2017 (DOG do 2 de xuño e BOE do 19 de xuño de 2017), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa, do grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaran a exclusión ou a omisión.

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela