Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (809/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 809/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Dolores García Jamardo contra a empresa José Pereira García, Grupo Omote, S.L., Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L., María Dolores Regueira Felpete, Raul Rey Santos, Stefan Kovach Omote, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase parcialmente a demanda interposta por María Dolores García Jamardo contra Djordjo Milos Kovach Omote, declarando a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 29 de setembro de 2016, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 35,46 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 4.778,37 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido este prazo sen que opte, entenderase que procede a readmisión.

Desestímase a demandada interposta contra José Pereira García, Dolores Regueira Felpete e a empresa Balbina Industrias Panadería Auxiliar, S.L., e absólvense os demandados de todos os pedimentos dirixidos contra eles.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Omote, S.L., Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza