Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40974

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (103/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 103/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Castro Dopazo, Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Ángel del Río Barco, Manuel Río Buceta, Daniel Saborido Buceta, Maximino Ferro Miramontes, Francisco Javier Miguens Miguens, José Benito Morrazo Cores contra Ames Obras, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 216/16 de data 15 de xullo de 2016 ditada no procedemento DEM 1112/08 a favor da parte executante, Jorge Castro Dopazo, Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Ángel del Río Barco, Manuel Río Buceta, Daniel Saborido Buceta, Maximino Ferro Miramontes, Francisco Javier Miguens Miguens, José Benito Morrazo Cores, fronte a Ames Obras, S.L., Fogasa parte executada, por importe de 40.186,32 euros en concepto de principal total, analizada da seguinte forma: (4.647,11 euros en concepto de principal de Jorge Castro Dopazo: 2.616,78 euros en concepto de salarios e 2.030,33 en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 3.902,91 euros en concepto de principal de Manuel Seoane Cancela: 2.197,72 euros en concepto de salarios e 1.705,19 euros en concepto de xuros do art. 29.3 respecto da cantidade anterior; 4.647,11 euros en concepto de principal de José Manuel Gens González: 2.616,78 euros en concepto de salarios e 2.030,33 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 3.902,96 euros en concepto de principal de Ángel del Río Barco: 2.197,75 euros en concepto de salarios e 1.705,21 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 8.524,27 euros en concepto de principal de Manuel Río Buceta: 4.800 euros en concepto de salarios e 3.724,27 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 4.185,15 euros en concepto de principal de Daniel Saborido Buceta: 2.356,65 euros en concepto de salarios e 1.828,5 euros en concepto de xuros do art. 29.3 ET respecto da cantidade anterior; 2.368,95 euros en concepto de principal de Maximo Ferro Miramontes: 1.333,95 euros en concepto de salarios e 1.035 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 4.104,95 euros en concepto de principal de Francisco Javier Miguens Miguens: 2.311,49 euros en concepto de salarios e 1.793,46 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior; 3.902,91 euros en concepto de principal de José Benito Morrozo Cores: 2.197,72 euros en concepto de salarios e 1.705,19 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 4.018,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LEC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 debendo indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «30 social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017.

Parte dispositiva.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Ames Obras, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Jorge Castro Dopazo, Manuel Seoane Cancela, José Manuel Gens González, Ángel del Río Barco, Manuel Río Buceta, Daniel Saborido Buceta, Maximino Ferro Miramontes, Francisco Javier Miguens Miguens, José Benito Morrazo Cores e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ames Obras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza