Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (356/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 356/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosalinda Solís Ares contra Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (Atrade) e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

A Coruña, 31 de xullo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento número 356/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Rosalinda Solís Ares, representada polo letrado Santiago Fernández Hernández, contra Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (Atrade), que non comparece, e contra o Fogasa, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, dito esta sentenza de conformidade co seguinte.

Resolvo que, acollendo as excepcións de inadecuación do procedemento e falta de acción, debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Rosalinda Solís Ares contra Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (Atrade) e absolvo esta de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (Atrade), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza