Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (132/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 132/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Giaoi González contra Naval Metalúrgica Donis, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 31 de xullo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento 132/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de Roberto Giaoi González, representado polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra Naval Metalúrgica Donis, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, dito esta sentenza de conformidade co seguinte.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Roberto Giaoi González contra Naval Metalúrgica Donis, S.L. e declaro improcedente o despedimento do traballador, e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral deste coa empresa demandada, con efectos con data desta resolución, e condeno a empresa a aterse a esta declaración e a aboarlle ao demandante unha indemnización de 1.463,28 euros e salarios de trámite por importe de 11.333,73 euros.

Condénase a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L. a aboarlle a Roberto Giaoi González a cantidade de 4.103,26 euros en concepto de salarios.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Naval Metalúrgica Donis, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza