Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40978

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (795/2016).

Procedemento: despedimento 795/2016

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: María Montserrat Cajide Roca

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Fogasa, María Inmaculada Alvariño Pena, María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C.

Avogado/a: letrado/a Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 795/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Montserrat Cajide Roca contra María Inmaculada Alvariño Pena, María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución di literalmente o seguinte:

Acórdase aclarar o contido da Sentenza do 27 de xuño de 2017, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

Na resolución da sentenza debe dicir: «Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de María Montserrat Cajide Roca e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes con data da presente resolución, condeno solidariamente a empresa demandada, Mafiar, S.C., a Aroa Chaudarcas Martínez, a María José Martínez Alvariño e a Inmaculada Alvariño Peña a se ateren á anterior declaración e a lle aboaren á demandante unha indemnización de 10.821,48 euros.

Condeno, así mesmo, solidariamente as demandadas a lle aboaren á demandante a cantidade de 12.164,93 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

E igualmente condeno as demandadas ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros».

Para que sirva de notificación en legal forma a María Inmaculada Alvariño Pena, María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez e Mafiar, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza