Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40551

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (915/2016).

Sentenza número 324.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 915/2016, sobre garda, custodia e alimentos, respecto de fillo menor de idade, por instancia de Josefa Obdulia Hiráldez Oujo, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Pérez González, e con asistencia letrada de Alejandra González Montero, contra Fabio de Jesús Villegas Arcilla, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

«Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez González, en nome e representación de Josefa Obdulia Hiráldez Oujo, como demandante, contra Fabio de Jesús Villegas Arcilla, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, acepto esta realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúese á Sra. Hiráldez Oujo, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o menor Júnior-José.

Segundo. O menor poderase comunicar e relacionar co seu proxenitor cando ambos os dous, libremente e de mutuo acordo, así o decidan.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Vigo, 23 de xuño de 2017