Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40549

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Mediante a Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na base décimo primeira, décimo oitava e vixésima da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Ao existir vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas ás persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de mestres as persoas aspirantes ao dito corpo que se relacionan no anexo da Orde do 28 de xullo de 2017, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Segundo. Nomear funcionaria en prácticas a Cristina Campos Alonso, con DNI 77002076P, que non completara a fase de prácticas no procedemento selectivo do corpo de mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Terceiro. Conceder o aprazamento da fase de prácticas a Santiago José Cruz Muñoz, con DNI 44498607R, da especialidade de primaria, que superou o procedemento selectivo no corpo de mestres, e a Santiago Eduardo Pato Rodríguez, DNI 34998685E, da especialidade de idioma estranxeiro: inglés, que superara o procedemento selectivo no corpo de mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril).

Cuarto. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2017, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Quinto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sexto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 marzo).

Sétimo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria