Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (479/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 479/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Laura Prats Edllibov contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e José Manuel García Caamaño, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de xullo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 479/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Ana Laura Prats Edllibov, representada polo letrado Carlos Alberto Rama Pico, contra José Manuel García Caamaño, que non comparece, e contra Fogasa, que tampouco comparece, dito esta sentenza de conformidade co seguinte.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Ana Laura Prats Edllibov e condeno a José Manuel García Caamaño a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.398,84 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel García Caamaño, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza