Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1216/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1216/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Vázquez García, Carmen Pardo Rodríguez contra Coruñesa de Parabrisas, S.L., Vidrio Arte Coruña, S.L., Auto Arte Galicia, S.L., Vidrio Arte Galiza, S.L., Luis Manuel García Rodellino, Auto Arte Coruña, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentencia: 455/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 1216/2014

Demandante: Eduardo Vázquez García e Carmen Pardo Rodríguez

Letrado: Sr. Vázquez López.

Demandados: Coruñesa de Parabrisas, S.L.; Vidrio Arte Coruña, S.L.; Auto Arte Galicia, S.L.; Vidrio Arte Galiza, S.L.; Luís Manuel García Rodellino e Auto Arte Coruña, S.L.

Letrado: Fogasa

A Coruña, 20 de xullo de 2017

Decido.

1. Admito a demanda formulada por Eduardo Vázquez García; Carmen Pardo Rodríguez fronte a Coruñesa de Parabrisas, S.L.; Vidrio Arte Coruña, S.L.; Auto Arte Galicia, S.L.; Vidrio Arte Galiza, S.L.; Luís Manuel García Rodellino; Auto Arte Coruña, S.L. e, en consecuencia, condeno estes a pagarlle a Eduardo Vázquez García a suma de 794,38 euros e a María del Carmen Pardo Rodríguez a suma de 437,50 euros, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa deberán de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Coruñesa de Parabrisas, S.L.; Vidrio Arte Coruña, S.L.; Auto Arte Galicia, S.L.; Vidrio Arte Galiza, S.L.; Luís Manuel García Rodellino e Auto Arte Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza