Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (50/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 50/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Brandariz Recouso contra Electrónica Radar, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 50/2015.

Demandante: Óscar Brandariz Recouso.

Letrada: Sra. Domínguez Rivas.

Demandada: Electrónica Radar, S.L.

Letrado: Fogasa

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

Sentenza.

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Resolución.

Desestimo a demanda formulada por Óscar Brandariz Rocouso fronte ao Fogasa e Electrónica Radar, S.L., e, en consecuencia, absólvoos de todo pedimento dirixido fronte a elas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Electrónica Radar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza