Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (234/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 234/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Torasa Gestión, Obras y Servicios, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de xullo de 2017.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción e condeno a empresa Torasa Gestión, Obras y Servicios, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 267,19 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Torasa Gestión, Obras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza