Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1273/2014).

Eu Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1273/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Construcciones Cabanas y Romay, S.C. contra Manuela Blanco Domínguez, Guillermo García Blanco, o Instituto Nacional da Seguridade Social, Promar Orzán, S.L. (antes Promogal Siglo XXI, S.L.), a administración concursal de Promar Orzán (Isaías González García) e o Fogasa, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do tenor literal seguinte:

«Sentenza número 424/2017.

A Coruña, 19 de xullo de 2017.

Resolución:

Desestimo a demanda formulada por Construcciones Cabanas y Romay, S.C. fronte ao INSS, Guillermo García Blanco, Manuela Blanco Domínguez e Promar Orzán, S.L. e, en consecuencia, confirmo integramente a resolución do INSS sobre recarga de prestacións na cal se fixou que a recarga debe ser do 30 %.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Promar Orzán (antes Promogal Siglo XXI), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza