Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (355/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 355/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Sahelices Fidalgo contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 435/2017.

A Coruña, 20 de xullo de 2017.

Resolvo:

1. Estimo a demanda formulada por Francisco Javier Sahelices Fidalgo contra Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle ao primeiro a suma de 2.295,53 euros así como o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

2. O Fogasa deberá aceptar o resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela no cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza