Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1063/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1063/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Romina Suárez Insua contra Gestión de Espacios Deportivos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 436/2017.

A Coruña, 20 de xullo de 2017.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Romina Suárez Insua fronte á empresa Gestión de Espacios Deportivos, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 3.056,49 euros.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Romina Suárez Insua fronte á empresa Gestión de Espacios Deportivos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 4.737,08 euros polos conceptos expostos nesta sentenza.

4º. O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de Reforzo da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Espacios Deportivos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza