Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (49/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 49/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Pardo Alvite contra Electrónica Radar, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 437/2017.

A Coruña, 20 de xullo de 2017.

Resolvo.

Desestimo a demanda formulada por Francisco Pardo Alvite contra o Fogasa e Electrónica Radar, S.L. e, en consecuencia, absólvoos de todo pedimento dirixido contra eles.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito. Pasado este prazo, declararase firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Electrónica Radar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza