Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (231/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 231/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Básico y Rutilo, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 17 de xullo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento ordinario 231/2015, seguidos perante este xulgado por instancia de Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, contra Básico y Rutilo, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción e condeno a empresa Básico y Rutilo, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 257,29 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Básico y Rutilo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza