Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40408

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (32/2016).

Divorcio contencioso 32/2016

Demandante: María José Ferreiro Castro

Procuradora: Ana Verónica Sexto Quintas

Avogada: Cristina Rodríguez Rodríguez

Demandado: Roberto Tojeiro Cabaleiro

Tatiana Villaescusa Martín, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de María José Ferreiro Castro fronte a Roberto Tojeiro Cabaleiro, ditouse auto de aclaración o 19.6.2017 da sentenza ditada o 28.9.2016, cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto.

Xuíz/maxistrado xuíz: Roberto Barba Alvedro.

Betanzos, 16 de xuño de 2017.

Parte dispositiva.

Acordo estimar a petición formulada pola procuradora Sra. Sexto Quintás, en nome e representación de María José Ferreiro Castro, de aclarar a sentenza do 28.9.2016, ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:

Onde di: “O proxenitor deberá aboar, en concepto de pensión de alimentos a favor de cada un dos fillos do matrimonio a cantidade de 150 euros mensuais, debendo satisfacer igualmente a metade do importe dos gastos extraordinarios. A pensión deberá ingresarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tales o proxenitor deberá aboar, en concepto de pensión compensatoria, a favor da demandante, de 400 euros mensuais, a cal deberá ingresarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tales efectos designe a demandante, e será actualizable anualmente conforme as variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa. Sen imposición de custas procesuais”.

Debe dicir: “O proxenitor deberá aboar, en concepto de pensión de alimentos a favor de cada un dos fillos do matrimonio a cantidade de 150 euros mensuais, debendo satisfacer igualmente a metade do importe dos gastos extraordinarios. A pensión deberá ingresarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tales efectos designe a demandante e será actualizable anualmente conforme as variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa.

O proxenitor deberá aboar, en concepto de pensión compensatoria, a favor da demandante a cantidade de 400 euros mensuais, a cal deberá ingresarse dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tales efectos designe a demandante e será actualizable anualmente conforme as variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa. Sen imposición de custas procesuais”.

Líbrese certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.

Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a».

E encontrándose o devandito demandado, Roberto Tojeiro Cabaleiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 18 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza