Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40406

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (995/2017).

Tipo e número de recurso: RSU Recurso suplicación 995/2017-CON

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 1004/2013 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: María del Pilar Rodríguez Pérez

Avogado: Santiago García de la Peña Calderón

Recorrido/s: Instituto Social Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Maz, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da S.S. Nª 11, Restaurante A Gavela, Avelina Lopo Rodríguez.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Carlota Peláez Sabell, Ana María Moreno Lugris, Daniel Leyte Domínguez.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 995/2017-CON desta sección, seguido por instancia de María del Pilar Rodríguez Pérez contra Instituto Social Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Maz, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da S.S. Nª 11, Restaurante A Gavela e Avelina Lopo Rodríguez sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante María del Pilar Rodríguez Pérez contra a sentenza de data 15 de novembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Reforzo dos de Vigo, en autos número 1004/2013 promovidos polo demandante, contra o INSS, TGSS, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Mutua Universal Mugenat, Maz Mutua de Accidentes de Trabajo, ISM, Restaurante A Gavela e Avelina Lopo Rodríguez, sobre revisión de incapacidade, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Avelina Lopo Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza