Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40404

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (655/2017-MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 655/2017 desta sección, seguidos por instancia de Ilunion Seguridad, S.A.U.-Vigilancia Integrada, S.A., contra Xunta de Galicia, Protección de Patrimonios, S.A., Segur Euskal Security, S.L. e Juan Pedro Córdoba de la Fuente, sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación articulado pola mercantil Vigilancia Integrada, S.A., contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, de data 2 de marzo de 2016, en autos nº 433/2014, instados por Juan Pedro Córdoba de la Fuente fronte a Protección de Patrimonios, S.A., Vigilancia Integrada, S.A., Segur Euskal Security, S.L., e a Xunta de Galicia, sobre recoñecemento de dereito, confirmamos a resolución de instancia e impoñemos á empresa recorrente, Vinsa, o aboamento das custas do recurso que incluirán os honorarios dos letrados do demandante e da mercantil Protección de Patrimonios, S.L., impugnantes do recurso, en contía, a cada un de 601 euros. Ha de darse aos depósitos e consignacións, se houbese, o destino legal correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza