Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza aclarada (sss 722/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 722/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo de la Seguridad Social número 61 contra Dieda Forestal e Inversiones, S.L., Dieda, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) sobre seguridade social, foi ditada a seguinte sentenza aclarada:

«Que, estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, contra a entidade Dieda Forestal e Inversiones, S.L., e o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debo condenar e condeno a entidade Dieda Forestal e Inversiones, S.L. a que reintegre á Mutua a cantidade de 9.689,61 € en concepto de asistencias sanitarias e prestacións de incapacidade temporal, derivada dos accidentes de traballo sufridos polos traballadores da citada entidade, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, en caso de insolvencia da empresa, e en canto á cantidade de 3.690,02 €...

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que no seu caso se formule contra a sentenza, cuxo prazo para formulación se iniciará coa notificación da presente resolución.

Así o manda e asina por este auto a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dieda Forestal e Inversiones, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de julio de 2017

A letrada da Administración de xustiza